O Concello de Sarria abre unha bolsa de emprego para administración na residencia

O Concello de Sarria vén de anunciar a convocatoria dunha bolsa de emprego para cubrir prazas de oficiais de administración na residencia Nosa Señora do Carme.
O prazo de presentación de instancias permanecerá aberto ata o vindeiro luns 6 de outubro.
As bases da convocatoria poden consultarse na sede electrónica da residencia, onde se recolle toda a información detallada sobre requisitos e procedemento de inscrición.