O Concello de Sarria abrirá o prazo de inscrición para apuntarse aos cursos de natación
O Concello de Sarria abrirá o prazo de inscrición para apuntarse aos cursos de natación do último trimestre do ano 2024, de outubro a decembro.
Así, as persoas interesadas en inscribirse deberán realizar unha proba de nivel con cita previa de 2 ao 9 de setembro, concertando dita cita no número 982 531 039.
Despois, será o tempo das inscricións presenciais a cursos para antigos cursillitas, que serán do 9 ao 15 de setembro; mentres que as inscricións para os novos interesados nos cursos será do 16 ao 22 de setembro.
Desta maneira, os bebés de máis de 6 meses e os nenos de 2 a 3 anos abonados pagarán 35,29 euros; mentres que os non abonados pagarán 70,57 euros; os de 4 a 5 anos abonados pagarán 27,38 euros, e os non abonados, 54,75 euros; os nens de 6 a 15 anos pagarán 25,76 se están abonados e 51,51 euros se non o están; e os adultos de máis de 16 anos pagarán 35,29 euros se están abonados e 70,57 euros se non o están.