O Concello de Sarria achega a figura de Matías López aos seus habitantes
SarriaXa
O Concello de Sarria achega o próximo 21 de xullo a figura de Matías López a tódolos seus habitantes mediante unha exposición
17 Xul 2022
O vindeiro xoves, 21 de xullo inaugurarase unha exposición no Malecón que achegará ao público á figura de Matías López, gran sarriao, recoñecido a nivel nacional e internacional. Un empresario, deputado y senador vitalicio e filántropo galego do século XIX.
O equipo de goberno quere que esta exposición sirva non só de merecido homenaxe e recoñecemento a Matías López, senón tamén para que as novas xeracións de sarriaos e sarriás saiban quen foi e por que en Sarria hai unha rúa que leva o seu nome.
A inauguración terá lugar ás 19.00 horas no Paseo do Malecón e posteriormente, ás 20.30 horas a conferencia 'Huellas de una vida'. Gregorio Sánchez Meco presentado por Xaime Félix López Arias, no Hotel Alfonso IX.