O concello de Sarria busca cubrir unha vacante na Escola de Música

SarriaXa
O concello de Sarria busca cubrir unha vacante como profesor na Escola de Música, as solicitudes poderán presentarse ata o 31 de agosto
escola musica sarria portada
escola musica sarria portada
29 Ago 2022

O municipio de Sarria dispón dun posto de traballo libre como docente que aínda está sen cubrir para o comezo do curso que ven, con contrato temporal.

Entre os requisitos da persoa seleccionada, deberán estar os de participar tanto nas clases teóricas como nas demostracións prácticas, concertos ou actividades que se poidan levar a cabo por parte do centro.

Os interesados poderán optar a distintas especialidades que ofrece a Escola de Música entre as que atopan o piano, o clarinete o saxofón, o coro, a frauta, a percusión, a tuba bombardino ou o acordeón e a guitarra. Os requisitos fundamentais a reunir son: posuír o título de grao superior, grado profesional ou ter o seu equivalente en conservatorio. Tamén se admite cursar o derradeiro ano do grao profesional do conservatorio da especialidade á que opten os aspirantes ou dalgunha que estea directamente relacionada.

No caso das especialidades dobres, o requisito tan só será esixible nunha das mesmas.

Todos aqueles interesados en participar do proceso de selección, deberán presentar a súa solicitude antes do 31 de agosto. Unha vez finalice este primeiro prazo, a alcaldía ditará unha resolución pasados dez días na sede electrónica do concello https://sarria.sedelectronica.es/info.1

escola musica sarria
0.10891580581665