O concello de Sarria busca operarios de mantemento electromecánico
Vén de abrirse o prazo de presentación de instancias do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para operarios de mantemento electromecánico.
O requisito específico é estar en posesión do Título de Técnico Medio en Mantemento Electromecánico.
A presentación de solicitudes poderá realizarse no concello de Sarria en horario de 09.00 a 14.00 horas, a través da sede electrónica accedendo a través do seguinte enlace https://sarria.sedelectronica.es/board , no rexistro doutras Administracións ou nas Oficinas de Correos.
O prazo de presentación quedará pechado o luns 26 de setembro.
As tarefas básicas dos operarios de mantemento electromecánico serán diagnosticar e executar o mantemento de maquinaria e equipos nas distintas instalacións industriais. Isto conséguese a través do desenvolvemento de programas de mantemento preventivo, predictivo e correctivo.
Poden ir dende reparar, instalar e dar mantemento a instrumentos eléctricos, electromecánicos, pneumáticos e electrónicos nas diferentes áreas do proceso, laboratorio, distribución e ventas, ata todo o relativo á calibración, axuste e cambio de válvulas de seguridade, válvulas de control e outros.