O Concello de Sarria e o colexio Fingoi, iluminados en homenaxe a Xela Arias

LugoXa | SarriaXa
Monumentos e lugares simbólicos na vida e obra de Xela Arias estarán iluminados con versos e imaxes da autora desde hoxe e ata finais de mes.
concello sarria
15 May 2021

No marco da programación institucional do Día das Letras Galegas, unha decena de monumentos e lugares especialmente simbólicos na vida e obra de Xela Arias estarán iluminados con versos e imaxes da autora desde hoxe e ata finais de mes. Empregando a técnica do vídeomapping, a iniciativa estará presente en centros de ensino nos que estudiou Xela Arias como o colexio Fingoi de Lugo ou o instituto IES Castelao, así como na súa vila natal, na Casa do Concello de Sarria. 

Con esta iniciativa, visibilízase entre a cidadanía a obra da autora homenaxeada difundindo fragmentos dos seus poemas. Esta proposta inclúese na programación institucional do Día das Letras Galegas que está composta por medio cento de actividades para divulgar o legado da autora en toda Galicia con accións no eido literario, expositivo, deportivo, musical ou escénico.

Unha palabra para Xela

No eido dixital, o Goberno autonómico tamén está a realizar estes días nas redes sociais a iniciativa Unha palabra para Xela xunto a máis de 30 académicos, familiares e amigos da autora. Trátase dun conxunto de 31 minipezas audiovisuais que conforman un retrato colectivo da autora. Conta coa participación de académicos da lingua galega, familiares e amigos e tamén doutras persoas que tiveron relación coa autora. Cada un deles, elixe en unha palabra que destaca a calidade que, na súa opinión, mellor define a homenaxeada ou retrata un trazo persoal, faceta ou obra da autora que valora especialmente. 

0.15824508666992