O Concello de Sarria entregará os premios de Nadal da edición 2023-2024

SarriaXa
Desde o Goberno local recoñecen o atraso e piden desculpas aos premiados pola demora, explicando que están a traballar nunha reforma profunda do sistema de xestión
Concello-de-Sarria
29 Nov 2024

O Grupo de Goberno do Concello de Sarria informa á cidadanía de que a entrega dos Premios de Nadal correspondentes á pasada edición 2023-2024 está en marcha. Os premiados foron notificados individualmente e poderán recoller os seus galardóns nas oficinas do Concello en horario de atención ao público.

Así, din que "queremos pedir desculpas polo importante retraso na entrega destes premios, que se debería ter realizado a comezos deste ano. Este atraso, de 11 meses, foi causado por diversas cuestións administrativas alleas á nosa vontade, e lamentamos profundamente as molestias ocasionadas aos premiados", destacan.

Para evitar que esta situación se repita no futuro, comentan, "estamos a traballar nunha reforma profunda do sistema de xestión e organización dos premios. O noso obxectivo é establecer un procedemento máis áxil e eficiente que permita garantir que os Premios de Nadal se entreguen dentro dos plazos correspondentes".

Así, desde o Concello recoñecen a "paciencia e a comprensión" de todos os premiados, xa que os Premios de Nadal son unha parte importante do apoio ao talento local, "e continuaremos traballando para que sigan sendo un referente no noso municipio", conclúen.

0.15463590621948