O Concello de Sarria entregou material de promoción da igualdade en cinco colexios do municipio
SarriaXa
Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Neno, a concelleira de Igualdade, Ana Isabel Vergara, e a concelleira de Educación, Geni Valcárcel, visitaron cinco centros educativos do municipio.
21 Nov 2023
Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Neno, a concelleira de Igualdade, Ana Isabel Vergara, e a concelleira de Educación, Geni Valcárcel, visitaron cinco centros educativos do municipio.
Nestes, fixeron entrega de material de promoción da igualdade, en colaboración co programa 'Convivindo na igualdade' impulsado pola ANPA do CEIP Frei Luís de Granada.
Os centros beneficiarios foron o CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural, o CEIP Frei Luís de Granada, o CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción, a EEI Xela Arias e o CPR Plurilingüe La Merced.