O Concello de Sarria estrea páxina web de turismo

SarriaXa
Sarria dio a conocer en sus redes sociales la nueva página web de turismo donde se pueden ver los lugares turísticos de la zona.
rio mazo cervantes antes
5 Abr 2022

O Concello de Sarria deu a coñecer no día de onte a través das súas redes sociais a súa nova páxina web de turismo www.sarriaturismo.com na que se promove a vila, o camiño e os seus destino turísticos.

Despois de moito tempo traballando nela, o Concello afirma que aínda non está terminada pero si o suficientemente avanzada para que xa se poida facer uso da mesma e entre todos se finalice.

Os veciños do lugar poden colaborar escribindo un correo electrónico a turismo@sarria.gal, facendo suxerencias, enviando fotos ou dando conta dos erros que se poidan atopar ou de todo aquilo que boten en falta.

O concello aproveita o comunicado para solicitar aos titulares de establecementos relacionados co turismo que aínda non subiu a ficha á web o faga o antes posible e se encontran dificultades ou problemas que se poñan en contacto con eles.

Na páxina web pódese visitar Sarria de maneira virtual, coñecer os restaurantes da vila, os aloxamentos, lugares de descanso, de paseo, etc.

0.19559383392334