O Concello de Sarria homenaxea ás ximnastas do Xirandela polos seus éxitos no Campionato Galego

O Concello de Sarria acolleu unha recepción oficial ás ximnastas do Club Xirandela que conseguiron subir ao podio no Campionato Galego celebrado o pasado 25 de maio.
O alcalde Claudio Garrido Martínez, xunto cos concelleiros Félix Seijas e Isabel Vergara López, foron os encargados de ofrecer este recoñecemento ás deportistas polo seu esforzo e dedicación.
As ximnastas manifestaron a súa satisfacción por poder compartir este momento acompañadas, unha vez máis, polas súas familias, ás que agradeceron o apoio constante. “Estamos moi felices de estar rodeadas das nosas familias, que nunca nos fallan, e moi agradecidas por este recoñecemento”, expresaron durante o acto.
Tamén participaron na recepción Carmen José López e Diana García, ás que o club quixo agradecer a súa presenza e apoio nesta celebración.