O Concello de Sarria iniciará melloras en pistas rurais cun investimento superior a 330.000 euros

SarriaXa
As obras incluirán a rehabilitación de accesos agrícolas e actuacións de asfaltado en varias vías, ademais de reforzar os labores de parcheado ante os danos provocados polos temporais
Concello-de-Sarria
5 Apr 2026

O Concello de Sarria comezará a próxima semana unha serie de actuacións de mellora en pistas rurais do municipio cun investimento superior a 330.000 euros. Os primeiros traballos que se executarán forman parte dun plan de acondicionamento de camiños de acceso a parcelas agrícolas, financiado con fondos de Agader, por un importe de case 120.000 euros. Este plan afectará á pista que une San Andrés con Biville e aos accesos a Miralde e Goimil desde a LU-636.

Ademais, a empresa Jespa, adxudicataria das intervencións incluídas no plan Deputación do ano pasado, dará comezo en breve ás obras, cuxo orzamento ascende a 214.234 euros. Neste caso, o programa de asfaltado cubrirá San Mamede da Chanca, o acceso a As Aceas desde a LU-546, Fontabuín, Padriñán, Vilaesteva, A Pena, a igrexa de Vilapedre, Castelo de Loureiro, desde O Montés ata Castro dos Petos, de Frollais a Lier e de Calleiros ata a pista de Goián.

A maiores destas actuacións, as brigadas municipais de medio rural intensificaron e adiantaron os labores de parcheado para tentar paliar con alquitrán os estragos provocados polos continuos temporais invernais. A modo de exemplo, indicou que no que vai de ano xa se investiron máis de 50.000 euros na adquisición e transporte de material de recheo debido a esta situación.

Para este fin tamén se destinará unha parte importante do plan Deputación 2026. Concretamente, prevese un investimento adicional de 300.000 euros para renovar o firme noutra vintena de vías.

0.11208581924438