O Concello de Sarria licita as obras de renovación da pista do pavillón José Mario González

SarriaXa
El ayuntamiento de Sarria licita las obras de mejora para la renovación de la pista del Pabellón José Mario González de O Chanto.
pavillon jose mario chanto sarria (2)
10 Dec 2021

O Concello de Sarria licita as obras de substitución do parqué da pista do pavillón polideportivo José Mario González de O Chanto por 93.875 euros.

O pavillón municipal que dispón dunha única planta cunha superficie de 1.975 metros cadrados cunha antigüidade de máis de 40 anos ten o parqué deteriorado o que dificulta xogar con comodidade e seguridade. Por iso se fixo presente unha necesidade de renovación para acondicionar as instalacións e ofrecer as mellores calidades aos veciños sarriaos.

A actuación consistirá na substitución do pavimento actual por un pavimento multideportivo areaelástico diseñado para a instalación en recintos interiores polideportivos de uso intensivo.

O prazo de execución destas obras será de dous meses e as empresas poden presentar ata o día 21 de decembro as súas propostas.

O polideportivo José Mario González de O Chanto xa realizou obras de mellora na accesibilidade e nos baños co fin de aportar unhas condicións óptimas para a realización do deporte, un hábito saudable na vida dos veciños do concello.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1530909538269