O Concello de Sarria organiza por primeira vez un concurso de postais
Por primeira vez dende o Concello de Sarria organizan un Concurso de deseño e decoración de postais de Nadal.
A participación está aberta para todas as persoas que residan en Sarria, dende os 0 anos ata os 122. O eixo principal das creacións deberá ser o Nadal.
Os traballos presentados deberán ser orixinais e ser confeccionados polas persoas concursantes. A elaboración será libre, podendo usar calquera método ou técnica e calquera tipo de material ou elemento decorativo.
A participación farase de maneira individual. No caso dos menores de idade a inscrición terá que ser firmada polo pai, nai ou titor legal. Esta realizarase na Biblioteca Pública Municipal de Sarria Camilo Gonsar entregando a postal nun sobre pechado co formulario de inscrición. O prazo estará aberto ata o día 21 de decembro.
Este concurso contará con cinco premios que serán tarxetas regalo válidas só en establecementos sarriaos. O primeiro premio terá un valor de 300 euros, o segundo de 250 euros, o terceiro de 200 euros, o cuarto de 150 euros e o quinto de 100 euros.
O xurado valorará a orixinalidade, a innovación, o deseño, a calidade da obra, a transformación de materiais e a dificultade na elaboración, así como a estética do conxunto.