O Concello de Sarria organiza por segundo ano o concurso de fotografía de Nadal

SarriaXa
El ayuntamiento de Sarria organiza por segundo año el concurso de fotografía de Navidad "Desde Sarria con Amor".
camara fotografia
16 Dec 2021

O Concello de Sarria organiza por segundo ano, o Concurso de Foto “Desde Sarria con amor”. A foto terá que ser tomada en Sarria, no exterior e nela deberá verse dalgunha maneira a iluminación instalada con motivo do Nadal.

Poderán participar todas as persoas físicas que o desexen de forma individual ou colectiva, tanto asociacións veciñais, culturais, etc.

As fotos enviaranse á dirección de correo electrónico turismo@sarria.gal entre os días 14 e 20 de decembro. Deberán ir acompañadas do Nome, apelidos, número de teléfono de contacto, dirección de correo electrónico e, no caso dos menos de 16 anos a autorización.

Premios
Haberá 5 premios, todos serán tarxetas regalo que soamente poderán ser utilizadas en establecementos sarriaos. O primeiro premio terá un importe de 300 euros, o segundo 250 euros, o terceiro 200 euros, o cuarto 150 euros e o quinto 100 euros.

concurso fotografia sarria
0.08652400970459