O Concello de Sarria organiza un obradoiro de poesía para conmemorar o Día da Poesía

SarriaXa
O obradoiro non só se centrará na creación de poemas, senón que tamén se elaborará un soporte decorativo para a exposición posterior das obras
Casa-da-Cultura-Sarria
21 Mar 2025

Este sábado 22 de marzo, o Concello de Sarria organiza un obradoiro aberto a todas as idades polo Día da Poesía.

A cita será ás 17.30 horas na Casa da Cultura, onde todos os participantes terán a oportunidade de crear unha composición de versos de autoría propia, dando rienda solta á súa creatividade.

O obradoiro non só se centrará na creación de poemas, senón que tamén se elaborará un soporte decorativo para a exposición posterior das obras na propia Casa da Cultura, facendo desta actividade un espazo para a arte e a expresión colectiva.

Non é necesaria inscrición previa, só as gañas de crear e compartir, xa que este é un evento pensado para todas as persoas que queiran unirse á celebración da poesía de maneira activa e divertida.

⚙ Configurar cookies
0.64474606513977