O Concello de Sarria pagará 73.780 euros por dúas demandas

SarriaXa
Na última xunta celebrada por parte do goberno local de Sarria este autorizou o pago de dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial.
concello sarria
8 Xul 2022

Na última xunta celebrada por parte do goberno local de Sarria este autorizou o pago de dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial por unha contía económica de 73.780 euros.

O gasto máis grande irá destinado á indemnización que deberá asumir o Concello da fábrica de As Insuas.  E os outros 16.127 euros restantes veñen a  causa dunha  licenza que non se concedeu hai once anos para restaurar un inmoble situado no bulevar de Calvo Sotelo.

En ambos expedientes, a xustiza fallou a favor dos  demandantes. Por tanto, O Concello terá que aportar agora as pertinentes indemnizacións.No tocante ao primeiro caso de As Insuas, este recibirá esta por "dano emerxente e o lucro cesante".

A segunda reclamación aconteceu no 2011 cando se pediu licenza de obra ao Concello para restaurar un inmoble no bulevar da rúa Calvo Sotelo. A empresaria que o pediu tiña intención de pasar o seu negocio a este punto. Ao ser esta demanda desestimada pola administración, a muller presentou un recurso no xulgado Contencioso-administrativo, o cal fallou dándolle a razón. O Concello  recorreu dita sentenza, mais o TSXG ratificou o fallo.

Malia todo, pese a que agora a Xunta de Goberno aprobou eses 16.126,93 euros de idemnización, os afectados reclamaban que lles chegasen maiores contías.

0.17430806159973