O Concello de Sarria presenta a programación cultural de xullo na vila
O Concello de Sarria presenta a programación cultural de xullo, que comeza esta fin de semana co desenvolvemento do DHU Vila de Sarria.
Ademais, do 15 de xullo ao 20 terá lugar o Ultreia et Suseia, con Camiñografías o propio 15 e 17 de xullo, narracións infantís o 16 e 18 de xullo, Contos sonoros o 16 e o 18 de xullo, o monólogo de David Perdonomo o día 19 e a Romaxe no Camiño o día 20.
Pola súa parte, o día 23 será a quenda do programa ‘Música vs Espacios’ do programa Sarria Clásica de Ars Combinatoria e o 25 terá lugar unha excursión literaria co club de lectura.
Pola súa parte, o 26 e 27 de xullo terá lugar o Festival Ribela Love Nature, o 27 será o I Festival de Bandas Comarca de Sarria e, finalmente, o mércores 31 volverá o programa ‘Música vs Espacios’ de Sarria Clásica á Igrexa de San Salvador.