O Concello de Sarria recibe a Ana López e Javier Díaz, campións do nacional de tiro olímpico

SarriaXa
Ana López conseguiu a medalla de ouro na modalidade de pistola de aire xuvenil feminino e Javier Díaz fíxose coa prata na masculina
sarria recepción club tiro
15 Mar 2021

Os deportistas do Club de Tiro San Xoán de Sarria, Ana López Gallego e Javier Díaz Jara, veñen de ser recibidos polo Concello despois dos éxitos que obtiveron no Campionato de España de xuvenís. Ana López conseguiu a medalla de ouro na modalidade de pistola de aire xuvenil feminino e Javier Díaz fíxose coa prata na mesma modalidade masculina.

O Campionato de España non se puido celebrar nesta ocasión pola pandemia sanitaria, polo que os premios outorgáronse en función da suma das copas da Real Federación de Tiro Olímpico.

Os deportistas galardoados foron recibidos na Casa do Concello polo alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e polo concelleiro de deportes, Félix Seijas, quenes os felicitaron polos seus éxitos.

A seguinte cita para os deportistas do Club de Tiro San Xoán será o Campionato Galego que se disputará en A Laracha o vindeiro día 21.

0.1800229549408