O Concello de Sarria renovará a cuberta da Residencia de maiores

SarriaXa
El ayuntamiento de Sarria sacará la licitación para la renovación de la cubierta de la Residencia de Mayores Nosa Señora do Carme.
residencia maiores sarria
20 Feb 2022

O Concello de Sarria renovará a cuberta da residencia de maiores Nosa Señora do Carme. Esta actuación terá un custe de 166.000 euros. Este presuposto será financiado con cargo ás modificacións de crédito aprobadas no pleno do Concello do pasado maio de 2021.

Aínda está por sacar a licitación dos traballos que contarán coa plena renovación da cuberta, tras esta actuación, poderán realizarse modificacións no interior, como o cambio de mobiliario, renovación de ventás ou o pintado das paredes. O mal estado do tellado actual supón que haxa humidades no seu interior.

Ademais, estase a estudar a ampliación do centro residencial e a creación dun novo centro de día co fin de aumentar a capacidade de residentes que, actualmente é de 90 persoas, cunha lista de agarda de entre 25-30 persoas que se verá incrementada nos próximos anos.

Por este motivo, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido cre que é esencial facer unha ampliación das instalacións que permitan cubrir as necesidades que ten a vila.

0.20003485679626