O Concello de Sarria valora a ampliación de horarios no cemiterio

SarriaXa
O Concello de Sarria está a valorar unha ampliación do horario establecido o pasado mes no cemiterio municipal.
concello sarria
6 Out 2021

O Concello de Sarria está a valorar unha ampliación do horario establecido o pasado ano no cemiterio municipal. Desta maneira, despois de varias peticións veciñais, dende o Concello estudan facer un horario continúo de modo que as instalacións non pechen a mediodía -menos domingos e festivos-.

No caso de querer levar a cabo esta petición, o pleno deberá aprobalo para poder levalo a cabo. Na actualidade, os horarios son de luns a domingo de 9 a 13 horas -pola mañá- e de luns a sábado de 15 a 18 horas en inverno e de 15 a 19 horas en verán -pola tarde-.

Dende o Partido Popular de Sarria critican esta xestión que "impide aos veciños visitar, a esas horas, aos seus seres queridos falecidos", polo que "voltaremos a defender no Pleno as nosas propostas contras este recorte de servizos e falta de sensibilidade".

Ademais, dende o PP sinalan que é un recorte dun servizo público que sempre estivo aberto e que, na actualidade, pecha todos os domingos e festivos.

0.17878103256226