O Concello de Sarria xera malestar polo retraso do pago duns premios
SarriaXa
O retraso no pago dos premios do concurso de fotografía de carnaval do Concello de Sarria xera queixas entre os participantes.
18 Xuño 2021
O retraso no pago dos premios do concurso de fotografía de carnaval do Concello de Sarria xera queixas entre os participantes. Así pois, o Concello de Sarria xa debería ter aboado os 25 premios de 100 euros cada un fai meses pero, sen embargo, a cuantía segue sen aparecer.
Os premios eran bonos de 100 euros para gastar en comercios de Sarria e fomentar, desta maneira, o consumo local. Tralo gasto dos 100 euros e a posterior presentación da factura, o Concello aínda non pagou os cartos, algo que xera malestar entre os participantes.