O Concello de Triacastela adhírese como entidade colaboradoras do Programa FSE+
O Concello de Triacastela é unha das entidades colaboradoras do Programa FSE+ de Asistencia Material Básica destinado a familias con menores a cargo que se atopen nunha situación económica vulnerable.
Esta iniciativa consiste na posta a disposición das persoas destinatarias de tarxetas canxeables por produtos de asistencia material básica, en concreto produtos de alimentación, así como artigos de hixiene. As tarxetas só se poden empregar nos establecementos colaboradores do programa.
O programa inclúe ademais unha serie de medidas de acompañamento que recibirán as persoas beneficiarias en función das súas necesidades, tales como información sobre recursos sociais dispoñibles, prestación directa de servizos ou programas e actividades dirixidas á inserción sociolaboral.
As solicitudes de acceso ao programa serán tramitadas pola traballadora social do Concello de Triacastela e o período de acceso está aberto ata o 31 de decembro.