O Concello de Triacastela cortará temporalmente a rúa Santiago por motivos de seguridade

SarriaXa
O Servizo de Protección Civil autorizou o peche da vía durante a mañá do luns 27para facilitar unha mudanza cun camión de grandes dimensións
Concello-de-Triacastela
26 Oct 2025

O Concello de Triacastela anunciou un corte temporal de tráfico na rúa Santiago o vindeiro luns, 27 de outubro de 2025, por motivos de seguridade e protección civil.

A medida, autorizada polo Servizo de Protección Civil municipal, responde á necesidade de realizar unha mudanza que require o uso dun camión de grandes dimensións.

Segundo informou o Concello, o tramo afectado será o situado baixo o edificio número 1 da rúa Santiago, e o corte manterase durante toda a mañá, co obxectivo de garantir a seguridade cidadá e facilitar as actuacións previstas.

Desde o Concello de Triacastela recomendan ás persoas residentes e condutoras extremar a precaución e respectar a sinalización provisional durante o desenvolvemento dos traballos.

⚙ Configurar cookies
0.066289901733398