O Concello de Triacastela é un dos 44 monumentos iluminados no programa 'Acende o Xacobeo'
O Concello de Triacastela conta dende a noite de onte coa proxección dunha frecha amarela e o logo do Xacobeo 2021-2022 sobre a fachada da casa consistorial, como parte da campaña ‘Acende o Xacobeo’, que ilumina 52 edificios galegos significativos.
A proxección permanecerá ata o 7 de xaneiro co fin de promover e poñer en valor o patrimonio do camiño de Santiago e as diferentes rutas existentes.
Esta segunda edición de 'Acende o Xacobeo' contará tamén cun concurso fotográfico. Para unha maior difusión da campaña as redes sociais abren un certame que anima aos cidadáns a compartir a iniciativa coa publicación dunha fotografía na que se vexa a persoas cos monumentos iluminados empregando o cancelo #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo, etiquetando tamén ás redes sociais do Camiño de Santiago.
O concurso pechará o 7 de xaneiro. Haberá tres gañadores que recibirán unha estancia para dúas persoas nun hotel-balneario de Galicia durante unha fin de semana.