O Concello de Triacastela inicia as obras dun muro en Vilavella e pide precaución na circulación

O Concello de Triacastela informou do inicio das obras de construción dun muro na estrada asfaltada situada ao comezo da aldea de Vilavella.
Os traballos, que comezan hoxe, implicarán a presenza de maquinaria pesada na zona, polo que se recomenda ás persoas que circulen pola vía que o fagan con especial precaución mentres duren as intervencións.
Desde o Goberno local lembran que os labores estarán debidamente sinalizados para garantir a seguridade de peóns e condutores, e que se procurará minimizar as molestias derivadas do tránsito de vehículos e da actividade das máquinas.