O Concello de Triacastela presentou un plan para ampliar o solo industrial a 8000 metros cadrados

SarriaXa
Triacastela presentó un plan que amplía el suelo industrial a 8000 metros cuadrados. El polígono contará en total con 14.000 metros cuadrados.
triacastela
3 Xan 2022

A estrada de Sarria e Pedrafita do Cebreiro (LU-633) é o escenario escollido no plan especial do Concello de Triacastela para desenvolver 8.100 metros cadrados de solo industrial.

Esta iniciativa nace a través do desexo de expandir o seu negocio dun empresario local, que precisa maior terreo de carácter industrial e senón, tería que trasladarse a outro concello. Desta forma estase a motivar e atraer novos modelos de negocio e a reter os xa existentes.

O plan recolle unha superficie total de 14.033 metros cadrados, destes, 8.104 serán de uso industrial, 2.324 metros serán destinados a zonas verdes, 650 metros para infraestruturas de servizos e 2.954 para comunicacións. Estará situado xunta á intersección da estrada LU-633 e a vía de acceso a Vilavella.

Unha vez se aprobe o plan e se realice a obra, prevese que o acceso sexa dende a vía de Vilavella. Ademais, nesta zona cóntase con tendido de baixa tensión e posúe rede pública de abastecemento de auga. Na construción do polígono tamén se contempla a instalación dun sistema de depuración.

Este plan, tivo un custo de 17.545 euros provenientes do plan único da Deputación de Lugo e xa foi remitido á consellería de medio ambiente, territorio e vivenda para a súa avaliación ambiental estratéxica. Se esta administración aproba o plan, levarase a pleno para a súa aprobación e despois procederase á recollida dos documentos e informes correspondentes. Como paso final antes de materializar o proxecto e desenvolvelo terá que volverse a aprobar nunha sesión plenaria.

0.10040712356567