O Concello de Triacastela pide aos veciños enviar fotos das súas estrelas de Nadal

O Concello de Triacastela promove, un ano máis, que todos os veciños e veciñas do municipio que teñan unha estrella decorativa do Goberno local que se enviou hai uns anos, manden fotos de como quedan na decoración dos seus fogares.
Así, hai dous anos enviáronse estas estrelas aos fogares dos veciños empadroados como unha iniciativa para fomentar o espíritu navideño en Triacastela e desde aquela cada ano piden que manden fotos das estrelas postas na decoración das súas casas para compartir en redes.
Por iso, piden a veciñanza que compartan fotos das estrelas e da decoración das casas por correo a prensatriacastela@gmail.com ou a través dunha mensaxe privada para ilas compartindo todas nas redes sociais do Concello.