O Concello do Incio abre o prazo de inscrición para apuntarse ao campamento de verán

SarriaXa
O horario será de 9.00 a 15.00 horas de luns a venres durante os meses de xullo e agosto
campamento-o-incio
21 Xuño 2024

O Concello do Incio abre o prazo para anotarse no Campus de Verán para nenos e nenas, ao que se poderán apuntar aquelas familias interesadas ata o vindeiro 28 de xuño cubrindo unha solicitude e ficha no Concello.

O horario será de 9.00 a 15.00 horas de luns a venres durante os meses de xullo e agosto e o límite de prazas é de 30, aberto a nenos/as de 3 a 16 anos con preferencia para empadroados, por orde de inscrición.

Esta actividade está enmarcada dentro do Plan de Conciliación do Concello do Incio, o cal inclúe diferentes actividades para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral como o servizo madrugadroes, extraescolares polas tardes nos meses lectivos ou campamento de Nadal.

Todo elo financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade ao abeiro do Programa Plan Corresponsables.

0.15956711769104