O Concello do Incio acolle este domingo dúas actividades para os máis pequenos

SarriaXa
Haberá un contacontos, que será 'Contos da Terra con Alba de Vales' e terá lugar na Praza da Cruz do Incio ou no Mercado Gandeiro se chove
Entroido-O-Incio
18 Dec 2024

O Concello do Incio acolle este domingo dúas actividades, un contacontos para os máis pequenos e a proxección do filme 'Dorothé na Vila'.

O contacontos será 'Contos da Terra con Alba de Vales' e terá lugar na Praza da Cruz do Incio ou no Mercado Gandeiro se chove ás 12.00 horas.

Pola súa parte, a proxección do filme 'Dorothé na Vila' de Alejandro Gándara e Olaia Tubío terá lugar no Mercado Gandeiro ás 19.00 horas.

A sinopse di que A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a maior compilación de músicas tradicionais do país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É a dualidade que convive a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.

0.15902805328369