O Concello do Incio colabora co III Encontro SoundSystem da Terra Brava, o Festival Tremeterra

SarriaXa
O alcalde do Incio, Héctor Corujo, destaca “o poder desta cita cultural que se consolida ano tras ano”
Apoio-Concello-do-Incio-a-Festival-Tremeterra
27 Ago 2024

O Concello do Incio colabora, un ano máis, co III Encontro SoundSystem da Terra Brava, o Festival ‘Tremeterra’, que se vai celebrar na contorna do encoro de Vilasouto os días 30 e 31 de agosto.

A terceira edición desta cita musical vai contar con obradoiros, debates abertos e música en vivo, todo de balde. A cita organizada pola Asociación Cultural Sonsistema de Santiago e a Asociación Cultural Tremeterra do Incio conta co apoio do Concello do Incio como principal patrocinador.

No cartel deste ano volven figurar artistas internacional procedentes de diversos países, como Francia ou Reino Unido e tamén artistas da terra. Entre eles, Weeding Dub, Mr Zebre, Lwis Bennet, Radikal Guru ou Chapamama.

Tamén haberá un taller de iniciación ao ioga e unha mesa aberta sobre a cultura soundsystem e un obradoiro que versará sobre a igualdade nos festivais, que vai estar impartido por Inés Cebreiro, educadora especialidade en igualdade.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, deu a coñecer o cartel do evento, acompañado por algúns dos organizadores entre os que se atopan, Jessica Moledo, Gael Núñez e Pedro Estévez. O rexedor destaca “o poder desta cita cultural que se consolida ano tras ano”.

O festival Tremeterra, que naceu no ano 2022, reuniu nas súas anteriores edicións a numeroso público para gozar da música dub e sound system.

0.10528182983398