O Concello do Incio e Afalu Alzheimer organizan unha formación sobre primeiros auxilios
SarriaXa
Desenvolverase o vindeiro xoves, 19 de setembro, no Multiusos

8 Sep 2024
O Concello do Incio e Afalu Alzheimer organizan unha formación sobre primeiros auxilios que terá lugar o vindeiro 19 de setembro.
Así, durante a tarde dese xoves, a partir das 17.00 horas, o edificio Multiusos do Incio acollerá esta formación aberta a todas as persoas interesadas.
Durante a mesma, falarase da atención inicial en situacións de urxencia máis frecuentes, e feridas e hemorraxias, de dificultade respiratoria, de hipoglicemia, de reaccións alérxicas e de RCP e uso do DESA.