O Concello do Incio organiza un Campamento de Nadal para os nenos do municipio

O Concello do Incio organiza un Campamento de Nadal para nenos e nenas do municipio a finais de decembro e principios de xaneiro.
En concreto, desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e os días 2, 3 e 7 de xaneiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Durante este campamento, que forma parte do programa Corresponsables, os nenos participantes desenvolverán actividades como globoflexia, pintacaras no Nadal, photocall Nadal O Incio, xincanas temáticas e haberá cine en valores.
As familias interesadas en apuntar aos seus pequenos a esta actividade poderán facelo antes do 20 de decembro.