O Concello do Incio promove a acollida de persoas que foxen do conflito bélico en Ucraína

SarriaXa
El ayuntamiento de O Incio hace un llamamiento a los vecinos para solidarizarse y acoger a los ucranianos que huyen de la guerra.
Concello do Incio
16 Mar 2022

O Concello do Incio mostra a súa solidariedade trala previsión dun masivo éxodo migratorio causado polo conflito bélico en Ucraína, promóvese a intermediación na acollida de persoas que foxen da dramática situación.

Desta forma, fai un chamamento aos veciños e veciñas do Concello que estean interesados en participar na acollida de refuxiados nas súas vivendas, ou queiran poñer a disposición de refuxiados ucraínos algunha vivenda baleira en condicións habitables.

Os interesados deberán poñerse en contacto co Concello a través do teñéfono 982 427 014 ou enviando un correo a administración@concellooincio.gal co fin de dispoñer dun rexistro de posibles vivendas e persoas interesadas na acollida.

O Concello canalizará a axuda en materia de vivenda, acollida e axuda humanitaria.

Dende o Concello do Incio, condenan de maneira firme os actos bélicos que acontecen en Ucraína.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10237884521484