O Concello do Incio será escenario dunha charla informativa sobre o dano cerebral adquirido

SarriaXa
A organización anima á cidadanía a participar nesta charla, que busca sensibilizar e informar sobre unha problemática con gran impacto social
Concello_do_Incio
5 Mar 2025

O Concello do Incio será escenario dunha charla informativa baixo o título Aproximación ao dano cerebral adquirido, organizada por Dano Cerebral Galicia.

O evento terá lugar o vindeiro 13 de marzo, en horario de 16.30 a 18.00 horas, na Casa do Concello.

Durante a sesión, abordarase a problemática do dano cerebral adquirido, facendo especial fincapé nas súas causas máis comúns, como o ictus e os traumatismos cranioencefálicos.

Ademais, trataranse as secuelas que poden derivarse destas condicións e os recursos de atención dispoñibles para as persoas afectadas e as súas familias.

A organización anima á cidadanía a participar nesta charla, que busca sensibilizar e informar sobre unha problemática con gran impacto social.

⚙ Configurar cookies
0.45298099517822