O Concello do Incio xa conta cunha empresa que levará a cabo o servizo de atención no fogar de forma complementaria
SarriaXa
O Concello do Incio adxudicou o servizo de atención no fogar (SAF) á empresa Barreal Servicios Sociales, xa que foi a única que se presentou ao concurso de licitación de 120.
21 Jan 2024
O Concello do Incio adxudicou o servizo de atención no fogar (SAF) á empresa Barreal Servicios Sociales, xa que foi a única que se presentou ao concurso de licitación de 120.432 euros.
Así, este servizo, de duración dun ano e prorrogable un ano máis, será clave para cubrir os periodos nos que o Concello do Incio non pode cubrir o servizo, como en tempadas de vacacións, baixas por incapacidade temporal, días festivos e fins de semanas, polo que é un servizo complementario.
O Concello do Incio conta con 21 traballadores para case 500 persoas beneficiarias deste servizo, con 34 persoas en situación de dependencia e 13 con atención de libre concorrencia.