O Concello do Páramo anuncia as datas nas que se desenvolverán as viaxes de verán á praia
O alcalde, Jose Luis López dá conta das viaxes que se organizan desde o Concello do Páramo para este verán nos meses de xullo e agosto.
Desta forma, haberá 5 viaxes en xullo e catro en agosto; empezando polo 3 de xullo, que será a Miño, o 10 de xullo a Covas de Viveiro, o 17 de xullo a Ares de Ferrrol, o 24 de xullo a Foz e o 31 de xullo a Cedeira.
Pola súa parte, en agosto as viaxes comezarán o día 7, cunha saída a Tapia de Casariego, en Asturias; o día 14 a San Miguel de Reinante, o día 21 a Cabañas, en Pontedeume, e o 28 a Torno, en San Cibrao.
Todas as viaxes partirán do campo da feira do Páramo ás 09.00 horas e terán un custo de 4 euros se son nenos de 4 a 10 anos e de 7 euros se teñen máis de 10 anos; e no caso dos non empadroados as viaxes custarán 7 euros para os nenos de menos de 10 anos e 12 euros para os maiores.