O Concello do Páramo celebrará a XXVIII Festa dos Avós o 18 de maio

SarriaXa
O evento comezará cunha misa ás 13:00 horas no Campo da Feira, seguida dun xantar de confraternidade no polideportivo municipal
Campo-da-feira-O-Paramo-5
4 May 2025

O Concello do Páramo anunciou a celebración da XXVIII Festa dos Avós, que terá lugar o vindeiro 18 de maio de 2025, cunha xornada festiva dedicada ás persoas maiores do municipio.

O evento comezará cunha misa ás 13:00 horas no Campo da Feira, seguida dun xantar de confraternidade no polideportivo municipal.

Esta tradicional festa está dirixida a persoas maiores de 65 anos, os seus cónxuxes e persoas xubiladas. As persoas que non estean empadroadas ou non cumpran cos requisitos deberán aboar unha cota de 34 euros.

Dende o Concello insístese na importancia de inscribirse antes do 12 de maio, presentando o DNI ou a tarxeta de pensionista nas oficinas municipais. Esta medida busca facilitar a organización e garantir unha correcta planificación do evento.

⚙ Configurar cookies
0.14949607849121