O Concello do Páramo mantén o programa Madrugadores no curso 2025/2026

SarriaXa
Poderán inscribirse aqueles alumnos e alumnas que precisen utilizar o servizo de maneira habitual ou tamén por días soltos
colexio-do-Paramo
25 Aug 2025

Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, o Concello do Páramo continuará no curso 2025/2026 co programa Madrugadores do Páramo, un servizo gratuíto destinado ás familias que teñen discrepancias entre os horarios de traballo e a entrada ao CEIP Plurilingüe do Páramo ou aos autobuses escolares.

Este servizo púxose en marcha no curso 2023/2024 e funciona de luns a venres durante todo o período escolar. Poderán inscribirse aqueles alumnos e alumnas que precisen utilizar o servizo de maneira habitual ou tamén por días soltos, sempre que se comunique previamente para organizar a alta.

As persoas interesadas deberán facer a inscrición canto antes presentando a solicitude no rexistro do Concello. Para máis información, o Concello pon á disposición das familias o teléfono 982 539 156.

⚙ Configurar cookies
0.1617739200592