O Concello do Páramo mellora o acceso ao núcleo de Gondrame
SarriaXa
Os traballos, que se prevén rematar nos vindeiros días, contan cun orzamento de 52.000 euros con cargo ao Plan Único de 2020.
26 Mar 2021
O Concello do Páramo está a executar obras de acondicionamento na vía de acceso ao núcleo de Gondrame. Os traballos contan cun orzamento de 52.000 euros con cargo ao Plan Único de 2020.
A actuación que se está a levar a cabo, e que se prevé rematar nos vindeiros días, suporá a mellora do pavimento do vial municipal mediante a aplicación de aglomerado en quente, así como o pintado de nova sinalización horizontal.
O Concello do Páramo traballa tamén na mellora doutros camiños municipais e accesos a núcleos rurais, como acontece en Santandrea.