O Concello do Páramo organiza o Entroido 2025 o 3 de marzo

SarriaXa
A cita contará cun concurso de disfraces, que repartirá máis de 600 euros en premios para os mellores traxes e presentacións
Entroido-Concello-do-Páramo-2024
24 Feb 2025

O Concello do Páramo prepara unha gran festa para celebrar o Entroido 2025.

O vindeiro 3 de marzo, o pavillón dos deportes acollerá unha noite chea de música, baile e diversión a partir das 23.00 horas.

A cita contará cun concurso de disfraces, que repartirá máis de 600 euros en premios para os mellores traxes e presentacións.

A festa promete ser unha das citas máis esperadas do ano, invitando aos veciños e veciñas do Páramo, así como aos visitantes, a participar nunha xornada de lecer e celebración para todos os públicos.

Non faltarán as sorpresas e a boa música para dar vida ao Entroido de 2025.

⚙ Configurar cookies
0.042695999145508