O Concello do Páramo organiza un curso de primeiros auxilios o 29 de outubro

O Concello do Páramo anuncia a realización dun curso de primeiros auxilios o mércores 29 de outubro, que terá lugar no Salón de Actos municipal en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Durante a xornada, abordarase un amplo abano de contidos prácticos e teóricos, entre eles o concepto de auxilios, a conduta P.A.S., a activación do 112, o triaxe básico en emerxencias, a posición lateral de seguridade, o tratamento de hemorraxias, feridas, queimaduras, shocks, traumatismos e golpes de calor, así como a actuación ante infartos, hipoglucemia ou sospeita de ictus.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición chamando ao teléfono 982 539 156.
Esta iniciativa busca formar á veciñanza en actuacións básicas ante situacións de emerxencia, mellorando así a capacidade de resposta e prevención no municipio.