O Concello do Páramo presenta a nova edición do paseo guiado 'Descubrindo O Páramo'

SarriaXa
O encontro será o 10 de maio ás 11:00 horas no propio Concello, situado ao lado do Campo da Feira, e terá unha duración de tres horas
Descubrindo-O-Páramo
25 Apr 2025

O Concello do Páramo presenta a nova edición do paseo guiado 'Descubrindo O Páramo', que terá lugar o sábado 10 de maio nas terras paramesas.

Tralo éxito rotundo da actividade organizada co GDR e Guido Álvarez Parga o ano pasado, na que participaron máis de 170 persoas de toda Galicia, o Concello do Páramo decidiu continuar cunha iniciativa e ofrecer unha nova edición para esta primavera.

O encontro será ás 11:00 horas no propio Concello, situado ao lado do Campo da Feira, e terá unha duración de tres horas. Ao finalizar a camiñada, os e as asistentes poderán desfrutar da tradicional feira que se celebra no municipio os días 10 e 25 de cada mes.

Esta xornada ofrecerá unha excelente oportunidade para coñecer o entorno natural e cultural do Páramo, ao mesmo tempo que se goza da vibrante feira local.

⚙ Configurar cookies
0.15094113349915