O concerto benéfico 'Pangea' encheu a Igrexa da Nosa Señora do Rosario de Sarria

SarriaXa
Abraham Cupeiro e os 48 músicos da Banda de Música da Comarca de Sarria foron os protagonistas
Concerto-Pangea-Sarria
10 Xuño 2024

Arredor de 300 persoas desfrutaron este sábado do concerto benéfico ‘Pangea’ organizado pola Asociación Cultural Meigas e Trasgo e a Asociación Cultural Banda de Música da Comarca de Sarria.

O protagonismo foi para o músico sarriao Abraham Cupeiro, que impregnou a Igrexa da Nosa Señora do Rosario cos sons dos seus particulares e especiais instrumentos, polo que veciños, veciñas e interesados encheron o recinto sagrado.

Ademais de Cupeiro, tocaron tamén no evento 48 músicos da Banda de Música da Comarca de Sarria dirixidos polo director Carlos Timiraos como convidado.

0.16764307022095