O concurso de Entroido de Láncara xa ten gañadores
Na categoría infantil, os gañadores son os nenos e nenas da Casa Niño da localidade coa comparsa 'As pegadas máis enxebres'. Conseguiron un total de 825 'gústame' no facebook da asociación cultural, e como premio terán un vale para mercar xoguetes na tenda Don Dino de Sarria.
Na categoría de adultos, o disfrace premiado é 'A súper avoa dos Ancares', cun total de 791 'gústame'. O autor poderá gozar dunha fin de semana no Hotel Oca Golf Balneario Augas Santas de Pantón.
Entre todos os participantes, os organizadores sortearon unha cea na Taberna Airexe de Muro, que foi para Diana Polido.
Desde a asociación cultural Val de Láncara agradecen a todos a súa participación neste primeiro concurso de Entroido virtual do municipio e emprázanos para o ano que vén.