O Concurso de Tapas Tapicheo 2024 de Sarria desenvolverase os días 5, 8, 13 e 14 de decembro

SarriaXa
O concurso organízase co obxecto de promover, promocionar e potenciar o sector da hostalería de Sarria, dando visibilidade á gastronomía local
tapicheo-sarria
12 Nov 2024

A Concellería de Educación, Festas, Muller e Integración pon en marcha unha nova edición do Concurso de Tapas Tapicheo 2024, celebrando a súa XVII edición.

Desta maneira, evento gastronómico máis agardado en Sarria celebrarase entre o 5 e o 8 e o 13 e 14 de decembro, que este ano virá acompañado de "sabores únicos, boa compañía e, como sempre, o mellor ambiente polas rúas de Sarria", destacan desde o Concello de Sarria.

O concurso organízase co obxecto de promover, promocionar e potenciar o sector da hostalería de Sarria, dando visibilidade á gastronomía local co obxectivo de converterse nunha ferramenta para desestacionalizar e a dinamizar a actividade do sector no municipio.

Desta maneira, os establecementos de Sarria que queiran participar nesta edición poden apuntarse xa e ata o 15 de novembro, poñendo o seu nome e a tapa que ofrecerán. Poden consultar todas as bases na páxina web do Concello de Sarria.

0.16556787490845