O Consorcio Provincial de Bombeiros aproba un suplemento de crédito para a subida salarial

TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia financian ao 50% o Orzamento da entidade encargada da prestación do servizo
consorcio-bomberos
30 May 2025

O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este venres o Pleno desta entidade no que se aprobaron a Conta Xeral do exercicio anterior e un suplemento de crédito –por importe de 1,1M€- que permitirá facer fronte á suba salarial acordada no convenio cos traballadores.

Na anualidade 2025 o Orzamento inicial era de preto de 7,6M€, polo que o presuposto vixente para este ano ascenderá deste xeito aos 8,7M€ para a prestación do servizo. A Deputación achega o 50% desta dotación económica e o outro 50% a Xunta de Galicia, que garante o funcionamento dos seis parques do Consorcio na provincia, que contan con 20 efectivos cada un.

No convenio asinado a principios de ano recollíanse entre outras melloras a incorporación de 26 efectivos, un aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, redución de 158 horas anuais –ata as 1.642 horas -, ou o recoñecemento como persoal laboral fixo dos traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación do pasado 1 de maio do 2019.

O Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo, conformado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, inclúe os parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada.

⚙ Configurar cookies
0.14375996589661