O contacontos César No volverá cautivar aos rapaces hoxe 2 de xaneiro
Chegando case ao seu fin, Sarria ofrece hoxe coa sua programación de Nadal a segunda entrega de Contos de Nadal a cargo de César No.
Esta cita é perfecta para ofrecer aos nenos unha maneira diferente de potenciar a imaxinación e a creatividade. Ademais, é ideal para pasar un rato entretido e divertido a través da narración de historias e contos ambientados no Nadal.
A cita terá lugar ás 17:30 horas na casa da cultura de Sarria.
CÉSAR NO
César No é un sarriao apaixoado do márketing e contacontos nas fines de semana. A súa fascinación por ser contador de historias e a narración oral venlle de moi novo grazas a súa avoa Donina Rodríguez.
No ano 2016 fundou a compañía teatral Feira do Leste con Ernesto Is e a través dela organizaron o primeiro Festival de Narración Oral que se celebrou en Sarria durante o verán e que tivo unha boa acollida entre os veciños.
As historias están dirixidas aos nenos e nenas do Concello. Ademais, emprega o galego nos seus contos dándolle valor a esta parte da cultura e tradición da nosa terra.