O Convento da Magdalena de Sarria acolle un concerto de música medieval

SarriaXa
A actuación, incluída no ciclo 'Lugo, de Trovas e Cantigas' impulsado pola Deputación, será o sábado 12 de xullo ás 21:00 horas con entrada libre
trovas-e-Cantigas-en-Sarria
9 Jul 2025

O Convento da Magdalena de Sarria será o escenario este sábado, 12 de xullo, do segundo concerto do ciclo 'Lugo, de Trovas e Cantigas', unha iniciativa impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que busca achegar ao público actuacións musicais inspiradas na tradición trobadoresca e medieval en espazos de grande valor histórico e simbólico da provincia.

A proposta musical desta segunda cita estará protagonizada por Cristina Alís Raurich, intérprete de órgano portativo medieval, e Brice Duisit, especializado en canto e fídula. Xuntos ofrecerán un repertorio baseado no Manuscrit du Roi (O Manuscrito do Rei), un cancioneiro francés que recolle arredor de 600 composicións de trobadores e autores anónimos e que se considera un dos principais testemuños da música medieval europea.

O concerto comezará ás 21:00 horas e contará con entrada gratuíta e libre ata completar a capacidade do recinto. Con esta programación, a Deputación de Lugo pretende poñer en valor o patrimonio cultural da provincia mediante propostas artísticas que combinan calidade musical e divulgación histórica.

⚙ Configurar cookies
0.11781597137451