O conxunto prebenxamín do Club Xirandela conseguiu o terceiro posto no Campionato Galego Escolar

SarriaXa
O conxunto prebenxamín escolar xa fora campión provincial na II Fase do Campionato Provincial
medalla-xirandela-Campionato-_Galego
27 Maio 2024

O Club Xirandela de Sarria participou na II Fase do Campionato Provincial de nivel escolar, nivel promoción e nivel prebase en Monforte, onde sete de nove equipos conseguiron clasificarse para o Campionato Galego.

Así, o conxunto prebenxamín escolar conseguiu acabar como campión provincial, o conxunto benxamín escolar foi subcampión provincial, o conxunto infantil escolar tamén quedou subcampión provincial e o conxunto infantil promoción tamén acadou ese título. Ademais, os conxuntos alevín M e P escolar e o xuvenil promoción acadaron medallas de ouro; mentres que o conxunto de iniciación escolar conseguiu unha de prata e o cadete escolar unha de bronce.

Estes resultados deron pé a que o Club Xirandela se desprazase o 26 de maio a Lugo para disputar o Campionato Galego Escolar, no que conseguiron clasificarse 3ª campioas de Galicia co grupo prebenxamín, ademais de quedar 5ª nos conxuntos de iniciación e infantil.

Por todo isto, defenden que están “súper orgullosas do traballo das nosas ximnastas, que defenderon os seus exercicios como unhas campioas”, defenden desde o club.

0.17179298400879