O coro Sarricanta grava o seu primeiro álbum
O coro Sarricanta grava un álbum cunha ducia de temas populares.
A agrupación musical aproveita este ano no que está de 20 aniversario para levar a cabo un dos seus maiores proxectos, a gravación do seu propio disco.
Debido á situación pandémica, esta gravación viuse obrigada a pospoñerse ata as datas actuais. Desta situación, os compoñentes do coro sacaron o lado positivo e salientan que o seu disco galego sairá no Ano Santo Compostelano fomentando a tradición e cultura da nosa terra.
Entre as cancións populares deste disco atópanse: O mar enrola na area, Chorima ou Meu amor é mariñeiro. Estas pezas tomarán vida grazas á combinación dunha veintena de voces masculinas e femininas xunto cos instrumentos. O resultado é unha obra que te trasladará a unha xornada festiva e de lecer de carácter popular.